Buscar
CLAUSURA OBRADOIRO CULTURAL-DEPORTIVO E MULTIAVENTURA
- gonzalo abella
- 28 ago 2014
- 1 Min. de lectura
Mañá venres día 29 de Agosto terá lugar o acto de clausura do Obradoiro Cultural e Deportivo 2014, celebrado durante os meses de Xullo e Agosto no Concello de Camariñas. A partires das 11h, na Casa de Pedra, levarase á cabo unha proxección de fotos e vídeos dalgúns dos mellores momentos protagonizados polos rapaces e rapazas que disfrutaron desta actividade. Tódalas persoas que queiran pasarse a disfrutar deste acto, que non o dubide e se acerque este venres pola mañá a compartir este último día de Obradoiro con tódolos rapaces e rapazas.
Comments