top of page

O Congreso de Gasolineras traerá á Costa 170 profesionais de toda Galicia

  • gonzalo abella
  • 21 nov 2021
  • 1 Min. de lectura

Estáselle ind

das man a Julio López a organización do Congreso de Gasolineras que se vai celebrar o vindeiro 26 de novembro no Parador de Lourido. Son xa 170 profesionais os que teñen reservada a visita á Costa da Morte neste primeiro evento artellado polo recén nomeado este verán novo presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo. De feito, as inscricións xa están pechadas.

O Xerente da Estación de Servizo Bazarra ten preparado un completo programa para falar das novas enerxías alternativas e o novo proceso de reconversión. De feito, fai fincapé en que Galicia é o único lugar que xa ten preparado un Plan Estratéxico, organizado pola propia Federación.

O programa arrinca ás 10:45 con saída cara o Faro Fisterra, onde se visitará unha das primeiras electrogasolineras instaladas en Galicia. A seguinte parada será no Ézaro, para ver a fervenza e a central hidroeléctrica.

Despois haberá mira e xantar no Parador, con sorteos e moito tempo para tecer redes entre profesionais.

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/muxia/congreso-gasolineras-recibira-170-profesionais-toda-galicia/20211118233207131695.html

 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page