top of page

Luar Na Lubre - The sailors hornpipe / Pasacorredoiras

  • gonzalo abella
  • 26 mar 2017
  • 1 Min. de lectura

O día 30 de abril de 2016, Luar Na Lubre ofreceu un pequeno concerto nunha das terrazas do Albergue Bela Muxía situado na vila de Muxía, na Costa da Morte. O grupo xunto co público, foron os protagonistas da gravación de Contraproducións, coa colaboración de Rubén Prieto (dron), dando lugar ao novo videoclip da banda, que presenta á súa nova violinista, Antía Ameixeiras. The Sailor's Hornpipe/Pasacorredoiras é o título das tres melodías que compoñen este tema, sendo a primeira delas 'The Sailor's Hornpipe', unha antiga e popular danza mariñeira orixinaria das illas británicas e que xunto cas dúas melodías que a seguen, Pasacorredoiras de Poio (Pontevedra) e de Vilalba (Lugo), extraídas do prestixioso cancioneiro galego de Castro Sampredro e Folgar, combinan unha frenética danza que invita ao movemento e á festa.


 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page