top of page

ANA MARÍA MATUTE NA GALERÍA MULLERES DO MES DE SETEMBRO - MUXIA

  • gonzalo abella
  • 14 sept 2014
  • 1 Min. de lectura

Ana María Matute

Barcelona, 1925-2014 .Escritora e académica da RAE dende 1996.

Premio Cervantes 2010.

Comezou a escribir moi nova, e chegou a finalista do Premio Nadal con 24 anos. Foi unha das autoras máis importantes da literatura española contemporánea. Foi galardoada cos premios Nacional das Letras, Planeta, Nadal e Cervantes e estivo nominada para o premio Nobel de literatura Destacou como narradora e formou parte xeneración dos “jóvenes asombrados”, nome que ela mesma acuñaría para os autores que reflicten a situación da Guerra Civil na súa infancia.

Tamén desenvolviu un labor importante na literatura infantil e xuvenil.sendo recoñecida co Premio Lazarillo ou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil..

A universidade de Boston ten na súa biblioteca un fondo chamado Ana María Matute Collection. Ademais dende hai máis de 20 anos, Ediciones Torremozas convoca o concurso literario "Ana María Matute" de Narrativa de Mulleres .Os seus libros foron traducidos a 23 idiomas.

Na Biblioteca da Muller podes atopar ”Los niños tontos” de Ana María Matute

Presentación1.jpg

 
 
 

Comentários


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page