top of page

O Santuario da Virxe da Barca estará rematado antes de que remate o 2014

  • gonzalo abella
  • 28 ago 2014
  • 1 Min. de lectura

Cando xa temos as Festas da Barca aí diante, lembrámonos, aínda que non se vai poder acceder á el durante as mesmas, das obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca. Xa van 8 meses dende que aquel despiadado raio prendese a chispa para que o lume arrasase co interior dun dos nosos mellores edificios patrimoniais. Tras moitas idas e voltas entre Igrexa e Xunta, as obras estanse realizando cos fondos clericais, e a cousa vai mellorando.

O máis visible é o tellado, onde a estrutura de madeira xa vai collendo forma. Os andamios substituíron ás imaxes e tanto por dentro como por fóra todo o edificio está cuberto de traballadores subidos aos andamios. Pode que a cuberta, de pizarra, quede rematada nun par de semanas.

A restauración dos retablos é outra historia. Se ben o retablo maior quedou completamente esfolado, si que hai outros recuperables. Pero ten que quedar todo o interior como unha patena para poñerse a traballar. A mediados de setembro volverán de Valladolid, onde os garda unha das empresas adxudicatarias, poderemos coñecer avances.

Afirman que en decembro as obras estarán rematadas e o Santuario poderá volver a abrir as súas portas a veciños e peregrinos. Fuente : Que pasa na Costa

Imaxe-da-obra-do-Santuario-da-Virxe-da-Barca-Foto-Daniel-Haz.jpg


 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page