top of page

Roteiro polo Monte Pindo: Un ano despois do desastre

  • gonzalo abella
  • 2 sept 2014
  • 1 Min. de lectura

Cúmprese un ano do incendio que devastou o Olimpo Celta, e queremos que nos acompañedes nun roteiro pola zona arrasada para comprobar o seu estado un ano despois, e pedirlle á Xunta que dunha vez dispoña dos recursos necesarios para recuperar e protexer o Monte Pindo.Sairemos do restaurante O Feitizo de Caldebarcos (Carnota) a iso das 10:00h da mañá, polo que o primeiro tramo desenvolverase por un percorrido inédito no historial de visitas organizadas pola nosa Asociación. O retorno -ao mesmo lugar- está previsto a iso das 18:00h, polo que deberedes levar auga e xantar. Ah, coma sempre lembrade traer roupa e calzado cómodos, seguros e axeitados ás condicións meteorolóxicas do día. O custe da actividade é gratuito.

La actividad se desarrollará el sábado, 13 de septiembre

10653481_684714344939288_3868433401657742396_n.jpg

Para máis información, consúltanos en info@montepindo.org.Monte Pindo, Parque Natural!

 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page