top of page

Xuntanza en Camariñas para o seguimento do proxecto Fogares Verdes

  • J. Trillo - El Correo Gallego
  • 4 oct 2015
  • 1 Min. de lectura

Camariñas. Amigos da Terra realizará a segunda xuntanza do programa de Fogares Verdes no Concello de Camariñas. Segundo unha nota remitida polo concelleiro Sergio Caamaño, Amigos da Terra colabora co Concello camariñán na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte ó cambio climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.

O reto proposto por este programa ás familias participantes, segundo indica Caamaño, é o de acadar unha redución de como mínimo un 5% (como establece o protocolo de Quioto) nas súas emisións de CO2 , o cal se verá reflexado nas súas facturas de auga e electricidade, todo isto seguindo uns sinxelos consellos.


 
 
 

Commentaires


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page