Buscar
Case 700 veciños e veciñas de Zas participan nas actividades organizadas polo concello
- Fuente Que pasa na costa
- 5 nov 2016
- 1 Min. de lectura
Este luns uns 660 veciños e veciñas de Zas participan nas actividades culturais e deportivas organizadas polo concello. As clases teñen unha duración de seis meses.
O Alcade, Manuel Muíño, o Tenente Alcalde, Óscar Lema, e Carmen Espasandín, técnica do Centro de Información á Muller asistiron onte á presentación das actividades que tivo lugar no centro sociocultural da vila.
Bailes de salón, bordado, cociña, informática, manualidades, poda e enxerto, guitarra, calceta, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica e tiro con arco son as actividades que ofertan dende o goberno municipal sendo a ximnasia de mantemento a máis demandada.

Comments