Pola recuperación do cromlech do Monte Neme
- Que pasa na costa
- 5 nov 2016
- 1 Min. de lectura
Bergantiños quere recuperar a historia do Monte Neme, aproveitando os traballos de recuperación que prometeu a Xunta despois da desfeita ecolóxica do pasado 2014.
Estes días, os compañeiros de historiadegalicia.gal recollen un interesante artigo de Íñigo Mouzo, sobre este misterioso monte bergantiñán. Mouzo define o Monte Neme como “un dos lugares máis descoñecidos pero sen embargo máis profusos no tocante á súa historia, misterio, lendas, así coma ás pegadas do actividade do home ó longo de todas as épocas”.
Un lugar xeoloxicamente excepcional, onde os gneis predominan sobre o granito, con gran preponderancia polo wolframio ou o estaño.Tanto que sinala Mouzo que “as orixes da actividade mineira no lugar poden estar vencelladas a épocas romanas, gregas ou fenicias”, estando a actual mina en funcionamento dende a Primeira Guerra Mundial, ata que en 2012, a quebra da empresa deixou o lugar en completo abandono.
Un cromlech
Mouzo destaca que “o principal referente monumental do monte, a Eira das Meigas, é de época paleolítica e é o que o insire máis profundamente nunha historia chea de misterio e de ficción popular. A Eira das Meigas ou Circo dos Xogos é un conxunto lítico conformado a xeito de círculo de pedras ou crómlech, un dos escasos exemplos que posuímos en Galicia de estas estruturas.”
”Por desgraza a Eira das Meigas se atopa practicamente destruída por mor da apertura de pistas para a actividade mineira na década de 1960”, explica un Mouzo que espera que poida ter cabida a recuperación histórica deste monte.
Non perdan o artigo completo:
http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/

Σχόλια