Vimianzo recibe o certificado de concello soliario co Alzheimer
- Que pasa na costa
- 5 nov 2016
- 1 Min. de lectura

A asociación de familiares de persoas con Alzheimer de Bergantiños – AFABER – entrougoulle onte a Manuel Antelo -alcalde de Vimianzo – o Certificado de Concello declarado solidario coa enfermidade do Alzheimer ao concello de Vimianzo.
O concello de Vimianzo declárouse coma Concello Solidario coa Enfermidade do Alzheimer no ano 2012, apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven con unha demencia e tanto implícase na atención en demencias e Alzheimer.
Dende o mes de maio membros de AFABER desprázanse ata o concello de Vimianzo co fin de manter informada e orientada á poboación da comarca do Soneira en materia de Alzheimer e doutras demencias. O Punto de Información e Atención está situado no baixo da casa consistorial ao carón das dependencias do Xulgado de Paz e o horario de atención é os mércores e xoves de 10:00 a 13:00 horas.
Comments