top of page

Juanma Ronquete imparte un curso de Fotografía Dixital en Corcubión

  • de Qué Pasa na Costa
  • 16 nov 2016
  • 1 Min. de lectura

A Universidade Popular organiza un curso de fotografía dixital impartido por Juanma Abelleira Ronquete que se desenvolverá o sábado 3 de decembro en Corcubión. Juanma Abelleria Ronquete, nado en Corcubión, é fotógrafo por afección, promotor do colectivo Galiza Branco e Negro, e impulsor de diversas exposicións fotográficas propias e colectivas.

O curso inclúe un roteiro fotográfico urbano/paisaxístico, e a selección das mellores imaxes para exposición e participación no X Concurso fotográfico de Corcubión organizado polo Concello.

Serán 8 intensas horas, de 10:00h a 19:30h, e comprenderá os seguintes contidos: Control de cámara: velocidade, diafragma, valores ISO, composición fotográfica, e edición fotográfica.

Xa se poden inscribir en universidadecorcubion@gmail.com (ata o 27 de novembro). O prezo é de 50 € /40€ euros para soci@s.


 
 
 

Opmerkingen


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page

©2013 Radio Muxia Online

bottom of page